A D.O. Valdeorras recibiu a visita do Master of Wine xaponés, Kenichi Ohashi

Acudiu acompañado por un coñecido importador nipón, co que visitou varios viñedos da comarca e realizou unha cata de viños da variedade godello

Publicidade

visitamasterofwinexapones2A D.O. Valdeorras recibiu onte a visita do Master of Wine xaponés Kenichi Ohashi, acompañado por Koichi Kajiya, responsable dunha coñecida importadora xaponesa. Durante a súa estancia na comarca, visitaron viñedos en varios concellos da zona.

Despois do percorrido, desprazáronse á sede do Consello Regulador, onde lles agardaba o presidente, Marcos Prada, e o director técnico, Jorge Mazaira. Alí realizaron unha cata de viños da variedade godello, de diferentes adegas da comarca, tanto da anada actual 2024, como de anadas anteriores, entre outras, de 2019, 2018 e 2014, así como un viño tostado.

O Master of Wine xaponés destacou trala cata, non só “a altísima calidade” dos godellos, senón “o espectacularmente ben que envellecen os viños” que probou, algúns deles con máis de cinco, e incluso máis de dez, anos de antigüidade.

Ohashi insistiu na posibilidade de que Xapón poda establecer relacións con Valdeorras e converterse nun mercado de interese para os viños valdeorreses, tanto para os brancos, como para os tintos.

visitamasterofwinexapones3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información