A D.O. Valdeorras presenta os seus mellores viños a un grupo de importantes sumilleres de Euskadi

Publicidade

VALDEORRAS EUSKADIA Denominación de Orixe Valdeorras trasládase hoxe a San Sebastián para presentar os seus mellores viños a un importante grupo de sumilleres de Euskadi. O encontro, que terá lugar no restaurante Labe, constará dunha cata, un túnel do viño e unha comida maridaxe.

O director técnico da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira, explicou que os viños escollidos para a cata nesta ocasión son “viños de parcela, coa intención de amosar o potencial da D.O. Valdeorras”. En total, 10 viños foron os escollidos, 7 deles brancos e 3 tintos.

Explicou Mazaira que, trala primeira cata, “teremos un espazo de descanso e seguidamente, realizaremos un túnel do viño onde estarán presentes outras marcas que son moi significativas da nosa D.O.”. Os expertos catarán outros 10 vikos, 5 brancos e 5 tintos. “Será unha oportunidade – asegurou – para coñecer e probar con máis calma outro tipo de viños que despois escollerán para comer en función dos pratos”.

Xa pola tarde, unha vez concluído o encontro cos sumilleres, representantes da denominación valdeorresa manterán unha reunión con distribuidores da cidade de San Sebastián.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información