A D.O. Valdeorras participa por primeira vez na feira Gastrónoma

Un total de 26 marcas, 20 delas de viños brancos, estiveron presentes no Túnel do Viño compartido con preto de 160 referencias de toda España

Publicidade

valdeorras feira gastronomaA Denominación de Orixe Valdeorras vén de participar, por primeira vez, en Gastrónoma, a Feira Gastronómica do Mediterráneo, celebrada en Valencia entre os días 26 e 28 de outubro. Un total de 26 marcas, 20 delas de viños brancos e as restantes 6 de viños tintos, representaron a Valdeorras nun contexto nacional moi heteroxéneo.

“Participamos mediante o formato do Túnel do Viño, compartido con preto de 160 referencias de todo o territorio nacional, das que a meirande parte foron viños galegos”, explicou Jorge Mazaira, director técnico da D.O. Valdeorras. Segundo o seu criterio, a participación no evento “resultou moi interesante”, nun formato no que “a gastronomía foi protagonista” e onde o viño “tivo o seu oco especial” dentro da enorme variedade de oferta.

Décima edición
Coa presenza de 290 marcas e un total de 200 ponentes, Feira Valencia celebrou a décima edición da Feira Gastrónoma. Son, segundo a organización do evento, “dez anos de evolución, de aprendizaxe, de facer sector e de pura gastronomía que conseguiu situar o certame entre os foros profesionais máis relevantes do país”.

Os datos falan por sí mesmos; en 2025, Gastrónoma creceu un 25% alcanzando os 28.000 m2, con 10 espazos congresuais e sete zonas experienciais. Ademais, nestas dez edicións, leváronse a cabo máis de 1.250 actividades, participaron máis de 2.000 ponentes e máis de 2.100 expositores que recibiron a visita de máis de 167.000 profesionais.

O programa deste ano quixo reivindicar o valor colectivo do oficio, o poder do produto e a necesidade de mirar ao futuro desde o diálogo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información