A D.O. Valdeorras organiza, co apoio de CaixaBank, un curso de poda de inverno tras os lumes

Será impartido os días 22 e 23 de outubro e a inscrición é de balde

Publicidade

vinha lume pantonA Denominación de Orixe Valdeorras organizou, en colaboración con CaixaBank, o “Curso de poda de inverno para recuperar viñedos afectados polos lumes”, que se impartirá os días 22 e 23 de outubro.

Conscientes da importancia de apoiar aos viticultores tras os lumes que asolaron a comarca, o Consello Regulador pon a disposición as súas instalacións para impartir unha primeira xornada teórica de dúas horas de duración, que se acompañará de unha segunda xornada de tipo práctico, en viñedo.

O curso, dirixido a viticultores e adegas da D.O. Valdeorras, será impartido por Julián Palacios Muruzábal, recoñecido experto con máis de 25 anos de experiencia en viticultura e director de Viticultura Viva. A inscrición é de balde e pode realizarse enviando un email a secretaria@dovaldeorras.com, especificando no asunto “Incrición curso de poda – lumes” e indicando os datos: nome e apelidos, email, teléfono e adega (se procede).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información