A D.O. Valdeorras iniciará os trámites para amparar os viños rosados

Publicidade
A D.O. Valdeorras iniciará os trámites para amparar os viños rosados

Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, reunido esta mañá na sede do organismo, decidiu iniciar os trámites para recoñecer e amparar os viños rosados no seu prego de condicións.

Deste xeito, o territorio amparado valdeorrés sigue a senda da DO Ribeiro, que o amparou como viño espumoso, e da DO. Ribeira Sacra, que o recoñeceu como viño tranquilo.

Dáse así resposta a unha crecente demanda dos viños rosados, que “cada vez contan cunha meirande aceptación no mercado”, tal e como salienta o presidente da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando.

De feito, malia que sen estar aínda amparados polo selo de calidade ou marchamo da D.O., na comarca de Valdeorras “polo menos sete adegas están xa a elaborar este tipo de viños”.

Ao iniciar os trámites para o seu recoñecemento, “o Consello Regulador dá resposta ás demandas destas adegas”, conclúe García Pando.

Máis alá dos godellos e mencías

Para o presidente do Consello Regulador, “incoporar os rosados ao prego de condicións do territorio amparado enriquecerá, sen lugar a dúbidas, o catálogo de produtos vinícolas da D.O. posto que evidencia o extraordinario potencial do territorio amparado máis alá dos godellos e mencías”.

Xunto a isto, o Pleno do Consello Regulador decidiu hoxe participar nas feiras de Prowein, que entre o 15 e o 17 de marzo se celebra na cidade alemá de Düsseldorf, e na Wine & Gourmet de Tokio, que terá lugar na capital nipona entreo 15 e o 17 de abril.

O organismo tamén participará, xunto a outras denominacións de orixe galegas, nun evento promocional conxunto promovido polo Igape en Londres (Decanter Spain & Portugal Encounter) o vindeiro 24 de febreiro.

Máis información:

Os viños rosados ábrense camiño nas adegas galegas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información