A D.O. Valdeorras estrena hoxe a súa nova campaña de imaxe: “O valor do pequeno”

Dous viticultores da comarca son os protagonistas dun spot que quere transmitir “as historias cheas de matices das que falan os seus viños”

Publicidade

Captura de pantalla 2025-12-15 121354A Denominación de Orixe Valdeorras estrena hoxe a súa nova campaña de imaxe basada nun spot protagonizado por dous viticultores valdeorreses que ensalza “O valor do pequeno”, e que xa se pode ver diferentes plataformas audiovisuais, estáticas exteriores de gran e mediano formato, nas principais redes sociais e incluso en autobuses de toda Galicia.

O presidente da D.O. Valdeorras, Marcos Prada Ginzo, salienta que “se algo caracteriza á viticultura valdeorresa é que cada pequena parte do seu proceso, suma un valor incalculable”, unha realidade que “define os nosos viños” e que da sentido a este slogan, explica.

Sobre a nova campaña, expresa Prada Ginzo que “é moi importante que Valdeorras sexa descuberta, coñecida e valorada como corresponde” para o que “debemos asegurarnos de que a nosa identidade se comprenda e se comparta, de que cada profesional do viño, cada persoa interesada no que facemos, poda coñecer en profundidade a nosa historia, as nosas variedades e o noso saber facer”.

Os protagonistas

Pola súa banda, Miguel Rego, socio-director de LAPERA, a axencia creativa autora da campaña, profundiza na maneira de transmitir ese valor do pequeno, a través dos seus protagonistas, “dous valdeorreses que tivesen viñas na comarca, como son Tino e Ramón, para contar por medio deles, a historia detrás do claim”.

Segundo conta Rego, este slogan “fai referencia á conxunción de elementos que se aliñan en Valdeorras para contar as historias cheas de matices das que falan os seus viños”. De feito, subliña, “a campaña fala precisamente disto; dos tempos de espera, da viticultura sen presas, da decisión do punto exacto de maduración, da sabedoría popular que sabe precisar cando vai chover ou da vontade de facer que cada colleita sexa mellor que a do ano anterior. Isto é xenuinamente Valdeorras e así quixemos mostralo”.

Afondando máis nesta creatividade, explica o director da axencia que “segue a inspiración cinematografica do Legado de Valdeorras”, a anterior campaña do Consello Regulador, nunha aposta “polas simetrías, pola ausencia de ornamentos innecesarios, por tipografías limpas e por un tratamento de cor que impacta dende a súa sinxeleza”. De feito, “os anuncios están rodados con moi poucos planos e cun gran respecto polos silencios”.

Así, pódese ver “un simpático dialogo silencioso entre os protagonistas e a natureza”, con “pezas que se afastan da estética habitual das campañas publicitarias e se achegan máis ao cinema, apostando por unha narrativa na que se dá todo o protagonismo a Tino e a Ramón, dúas persoas marabillosas que tiveron toda a paciencia do mundo para aguantar as longas horas de rodaxe”, salientou Rego. Por último, Miguel Rego engade que, “estratéxicamente, este distanciamento dos tópicos publicitarios fará que a campaña esperte máis curiosidade e elevará a notoriedade de marca da denominación de orixe”.

Difusión da campaña

O protagonista principal desta campaña é un spot cinematográfico que se estrenará hoxe na Televisión de Galicia en horario prime time e en Amazon Prime Video. O anuncio tamén se difundirá a través das principais redes sociais e, por suposto, na páxina web do Consello Regulador (https://dovaldeorras.gal/gl/) en galego, castelán e inglés.

A campaña “O valor do pequeno” inclúe creatividades en autobuses urbanos, que poderán verse na súa parte traseira e na lateral, nas cidades da Coruña, Santiago e Vigo, e interurbanos de Lugo e Ourense. A imaxe tamén estará presente en marquesinas e “mupis urbanos” en distintos puntos da comarca e de outras localidades da provincia de Ourense.

Todo elo complementarase con insercións publicitarias en medios de comunicación escritos tanto xeneralistas como especializados, en periódicos e portais dixitais e en emisoras de radio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información