A D.O Rías Baixas alcanza un récord histórico de cantidade de uva recollida

Recolléronse preto de 44 millóns de quilos de uva, sendo este ano un dos máis frutíferos na recolleita vitivinícola. O Consello Regulador destaca que lle prestou ós viticultores o servizo de tramitación da declaración de produción co FOGGA

Publicidade
A D.O Rías Baixas alcanza un récord histórico de cantidade de uva recollida

Vendima nas Rías Baixas. / Arquivo.

A Denominación de Orixe Rías Baixas fixo a vendima máis abundante da súa historia este ano con 43.809.134kg, un incremento do 27% con respecto á anterior. Nesta campaña estiveron implicadas 163 bodegas -de 178 inscritas- e máis de 5.000 viticultores durante un período de 40 días. Arrancou o pasado 27 de agosto e rematou o pasado 7 de outubro.

As Rías Baixas tiveron unha das mellores colleitas da súa historia con 43.809.134kg de uva vendimada

O rendemento medio por hectárea nesta campaña foi de 10.470kg/ha, un valor superior á media dos últimos 10 anos, que foi duns 8.095kg por hectárea. Estas cifras foron totalmente de acordo cos criterios de calidade, segundo explica o informe do departamento técnico, quen fai referencia a “unha vendima tranquila cun inicio un tanto revolto, meteorolóxicamente falando, pero cuxo resultado foi unha correcta calidade e estado de madurez da uva”.

En canto á uva recollida, as variedades brancas representan o 99,15% da uva recollida, dentro das cales destaca a uva Albariño -con máis de 42 millóns de kg vendimados- seguida por Caíño branco, Treixadura e Loureira. Esta colleita estivo repartida en 4.184 hectáreas de terreo, 90ha máis respecto á vendima do ano pasado.

Dentro da produción por subzonas, o Val do Salnés continúa sendo a zona de maior produción con 28.819.166kg de uva -un 67,8% do total- seguida polo Condado do Tea con 8.811.716kg e o Rosal, con 3.350.836kg. As outras dúas subzonas restantes quedaron por debaixo destas cantidades, con 2.029.998kg no caso da Ribeira do Ulla e 82.947kg en Soutomaior.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información