A D.O Monterrei posiciona en Mallorca os seus viños

A Denominación de Orixe levou 22 bodegas ata un showroom profesional que permitiu achegar ao mercado balear o traballo vitivinícola de Monterrei e reforzar a súa presenza en Mallorca

Publicidade
A D.O Monterrei posiciona en Mallorca os seus viños

A Denominación de Orixe Monterrei presentou os seus viños na cidade de Mallorca nun showroom profesional celebrado na terraza de Es Baluard. Este acto premitíu achegar ao mercado balear o traballo vitivinícola da D.O. e reforzar a súa presenza en Mallorca, un territorio estratéxico polo seu vínculo coa restauración, a gastronomía mediterránea e o turismo de calidade.

Neste evento, organizado polo propio Consello Regulador, as persoas asistentes puideron degustar 29 viños brancos e 16 viños tintos de 22 adegas que representaron a Monterrei e cuxa calidade e singularidade non pasou desapercibida entre os invitados.

As adegas asistentes foron: Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Ladairo, Fragas do Lecer, Minius, Daniel Fernández (Alba Ao-Bar), Franco Basalo, Trasdovento, Triay, Terras do Cigarrón, Pazo de Valdeconde, Vía Arxéntea, Tabú, Terra de Godello, Gargalo, Father 1943, Crego e Monaguillo, Manuel Regueiro García (Serra de Alén), Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Ramón Bigotes, Quinta do Buble, Jose Luis Gómez Ibáñez (Valderello) e Manuel Vázquez Losada.

“Mallorca é unha cidade exclusiva na que os viños de Monterrei deben seguir posicionándose e mostrando a calidade e singularidade diferenciadora que os caracteriza, seguir apostando por estar presentes nesta cidade é algo que temos claro, os nosos viños son un complemento perfecto á climatoloxía e gastronomía balear”, indica o presidente do Consello Regulador, Manuel Vázquez Losada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información