A D.O. Monterrei multiplica por oito as súas vendas no exterior

Publicidade
A D.O. Monterrei multiplica por oito as súas vendas no exterior

Os últimos datos do informe do Ministerio de Agricultura sobre as denominacións de orixe de viños revelan o crecemento da D.O. Monterrei no referente non só a volume de viño cualificado, senón tamén á comercialización no exterior.

Segundo recolle o informe, se na campaña 2021-2022 o volume de viño cualificado ascendeu a 49.271 hectolitros, na do 2022-2023 esta cifra situouse nos 50.308 hectolitros. Desta cantidade, 41.560 hectolitros comercializáronse no mercado interior, e a restante cantidade, é dicir, 8.748 no exterior.

Unha cifra que octuplica a cantidade comercializada, no exterior, na campaña 2021-2022, que se atopaba en 1.066 hectolitros.

Dos 50.308 hectolitros cualificados na última campaña, un total de 34.047 corresponde a viño branco e 16.261 a tinto. Con respecto ao mercado exterior, 6.785 hectolitros son de viño branco e o resto, 1.963, de tinto. Os principais destinos son Irlanda, Holanda, Dinamarca, Alemaña e Bélxica (países Unión Europea), Reino Unido, EE.UU., Suíza, México, Colombia ou Xapón (terceiros países).

No referente ao valor económico estimado do mercado interior e exterior, a cifra para Monterrei sitúase en 23.850.732 euros, dos que 4.146.552 son no mercado exterior. “Son uns fantásticos datos, xa que nas últimas campañas a cifra de exportacións descendera, e na pasada campaña dita cantidade tense octuplicado, algo que demostra que as nosas accións de promoción no exterior son acertadas, e que están enfocadas ao público obxectivo correcto”, destaca o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Jonatás Gago García.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información