A D.O. Monterrei impulsa unha nova campaña para achegar os seus viños a novos momentos de consumo

A acción, que se difundirá en medios tradicionais e dixitais, reivindica unha forma máis aberta e próxima de gozar do viño, sen renunciar á calidade, á orixe nin á identidade do territorio

Publicidade
A D.O. Monterrei impulsa unha nova campaña para achegar os seus viños a novos momentos de consumo

A Denominación de Orixe Monterrei pon en marcha este mes a campaña de marca “Así, si. E así, tamén”, unha iniciativa coa que busca reforzar o posicionamento dos seus viños e conectar cun público cada vez máis amplo e diverso. A proposta parte dunha idea sinxela: non existe unha única forma de gozar dun Monterrei, senón múltiples maneiras de facelo, todas elas compatibles coa calidade e o prestixio que identifican á denominación.

A campaña mantén o protagonismo do Godello de Monterrei, un dos grandes referentes da denominación, pero amplía o relato cara a unha visión máis actual e próxima do consumo de viño. Así, reivindica a súa presenza tanto en ocasións especiais como en momentos cotiáns, buscando achegar o produto a contextos máis espontáneos e accesibles.

A acción contará cunha ampla difusión en exterior, radio, medios dixitais, televisión conectada e redes sociais, a través de diferentes pezas audiovisuais e gráficas. Ademais, desenvolveranse contidos específicos para fomentar a interacción coa comunidade dixital e reforzar a presenza da marca entre consumidores que valoran a autenticidade, a orixe e a calidade, pero que tamén buscan experiencias de consumo máis naturais e próximas.

Con esta iniciativa, a D.O. Monterrei continúa avanzando na consolidación da súa identidade de marca, combinando tradición e innovación para seguir gañando visibilidade e relevancia no mercado.

CREATIVIDAD CAMPAÑA DO MONTERREI_page-0001

CREATIVIDAD CAMPAÑA DO MONTERREI_page-0002

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información