A sede da D.O Monterrei acolleu unha reunión do Comité de Certificación da Denominación de Orixe Monterrei, destinada a valorar a certificación dunha nova adega dentro do territorio vitivinícola de Monterrei. Constatado polo comité de certificación que esta nova adega superou todos os requisitos necesarios, a adega Father 1943 (Rectoral do Monaguillo, S.L.) (situada en Vilamaior -Verín-) pasa a certificar os seus viños baixo a tipoloxía branco Monterrei.
Con esta incorporación xa son 30 as adegas inscritas e certificadas pola Denominación de Orixe Monterrei, que abrangue os concellos de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra, Castrelo do Val, Laza e Cualedro. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 852 hectáreas de territorio nas que traballan 397 viticultores.
Galego










Control OJD