Custom Drinks recolle na súa planta de Chantada 1500 toneladas de mazá galega para elaborar as sidras Maeloc

Publicidade
Custom Drinks recolle na súa planta de Chantada 1500 toneladas de mazá galega para elaborar as sidras Maeloc

Custom Drinks dá por pechada a campaña da mazá de 2024 tras máis dun mes de intenso traballo nas súas instalacións de Chantada (Lugo). O resultado desta colleita situouse nunha cantidade superior a 1.500.000 quilos de mazá e destacou especialmente polo crecente peso da agricultura ecolóxica no proxecto sidreiro da empresa, xa que máis do 90% da mazá colleitada este ano procede de cultivo ecolóxico -a maior parte do concello da Estrada-, unha porcentaxe récord que se empregará na elaboración das súas sidras Maeloc, como é o caso da Sidra Extra, a Sidra Natural ou a Sidra Doce.

A colleita centrouse en variedades como Raxao, Rabiosa, Durona, Pero, Jamardo, Marafonsa, Ollo Mouro e Ollo Landoi. Todas elas incorporaranse ao proceso de elaboración das sidras Maeloc, sidras que reivindican a súa orixe 100% galega.

Galicia, maior produtor de mazá sidreira de España

A sidra é un produto tradicionalmente asociado a outras comunidades, pero poucos saben que Galicia é o maior produtor de mazá sidreira de España e a súa produción abastece habitualmente a lagares de varias rexións. Ao longo do último mes desenvolveuse a colleita deste froito nunha campaña de ciclo baixo na que participaron un gran número de pequenos e medianos recolectores, especialmente na zona de Chantada, A Estrada, O Rosal ou Betanzos.

Desde sempre existiu vocación sidreira en Galicia, moi asociada a pequenos lagares de produción limitada, pero é nos últimos anos cando se comezou a visualizar unha clara aposta por revitalizar a tradición sidreira da comunidade e situarse no conxunto do mercado español cunha oferta diferencial.

Sidras Maeloc, abandeiradas de Colleita de Galicia

Maeloc abandeirou este movemento destacando polas súas innovadoras presentacións e sabores, ademais de facer unha especial énfase na orixe da súa produción con mazás autóctonas galegas, mediante a lema “Colleita de Galicia”, difundindo así en todos os mercados o seu compromiso cos produtos de calidade con selo de orixe.

Maeloc lidera o sector español de sidras con sabores grazas ás súas variedades de pera, moura, fresa e piña&pera, ademais das súas xa consolidadas Sidra Natural, Sidra Achampanada, Sidra Seca ou Sidra Doce, ás que se suma a súa versión sen alcol, Maeloc SEN.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información