‘Curtis na Lembranza’: unha homenaxe á vida nunha vila do rural galego no ano 1900

Comerciantes e veciños recrearán a atmosfera de principios do século pasado como homenaxe ao mercado que impulsou o crecemento do pobo xunto á chegada do ferrocarril

‘Curtis na Lembranza’: unha homenaxe á vida nunha vila do rural galego no ano 1900

Con “Cutis na lembranza” esta vila coruñesa volverá o sábado 27 de xullo a principios do século pasado para lembrar como eran as feiras do municipio cando o pobo empezou a medrar ao redor da actividade económica do seu mercado e da estación de tren, que foi inaugurada a finais do século XIX polo rei Alfonso XII.

A iniciativa, impulsada pola Asociación de Comerciantes de Curtis e o Concello de Curtis, alcanza xa a súa IV edición consolidándose cada ano como unha das festas de referencia do verán.

Os organizadores traballan para que esta edición volva ser todo un éxito e para iso instalaranse numerosos postos de produtos artesáns e típicos da terra ao longo da Avenida Principal do pobo e nas rúas adxacentes, nas que ademais se programarán bailes e música, xogos populares, monicreques e teatro. Como en anos anteriores, sortearanse billetes de tren de ida volta desde A Coruña co obxectivo de que cheguen pasaxeiros ataviados coas roupaxes de 1900. Para conseguilo, abonda con darlle ao gústame á páxina de Facebook da Asociación de Comerciantes de Curtis.

Tamén se manterán as tradicións de Curtis como o chamado ‘paseo das nenas’, que era o momento no que as mozas do pobo vestidas de festa percorrían a rúa principal camiño do baile.

Para promocionar esta festa, o Concello de Curtis abriu na edición do ano anterior unha web, onde se da a coñecer a historia do pobo e as claves da celebración.

A Feira de Curtis, que cumpriu en 1994 os seus cen anos de vida, segue a ser un referente na comarca e na provincia xa que se mantén como un dos grandes dinamizadores económicos do municipio cos máis de 130 postos que se instalan todos os días 9 e 23 de cada mes nos seus máis de 25.000 metros cadrados e o seu catro naves totalmente acondicionadas.

Programa da IV EDICIÓN ‘CURTIS NA LEMBRANZA, AS FEIRAS DE 1900’: 

27 de xullo 2019
⇒ 10.10 h. Chegada do tren de pasaxeiros procedente de A Coruña á Estación de Curtis. Serán recibidos con todas as honras por unha comitiva, polos Garatuxeiros e por personaxes da época.

⇒ 10.30 h. Apertura oficial da feira. Todas os postos e paradas estarán dispostos para rebuscar e mercar.
⇒10.30 h. Apertura das exposicións:
Reportaxe fotográfico de Alberto Martí Villardefrancos sobre Curtis en 1957 (Bar López)
O paso do tempo (Casa de Oriente)
Curtis e o tren (Edificio Estación do Ferrocarril de Curtis)
Así se facía (Casa Fontecoba)
Circuito de vía métrica a escala 1:22,5 (Xardín da Estación)
Carrilanas (Avenida Antonio Pintor)

⇒ 11.00 h. Pasarrúas a cargo de Faragullas.

⇒ 11.20 h. Cantares de cego con Luis o Caruncho e Chus Iglesias: ‘O cegho Matamá e Aldariña de Candeán’. Diante da farmacia.

⇒ 12.00 h. Lectura do pregón na Casa de Oriente,  a cargo da Asociación Amigos de Curtis, acompañados polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e un membro da Asociación de Comerciantes.

⇒ 12.30 h. Actuación a cargo dos Bailadot@s e panderetei@s da Asociación A Carballeira.

⇒ 13.00 h. Chegará o carteiro ca correspondencia’ (teatro na rúa). Diante do restaurante Exprés.

⇒ 13.30 h. Elaboración do queixo e degustación dos cachelos nas pallas, na parada de Queinaga

⇒ 13.30 h. Cantares de cego con Luis o Caruncho e Chus Iglesias: ‘O cegho Matamá e Aldariña de Candeán’. Na Estación de Ferrocarril.

⇒ 14.00 h. Pasarrúa, a cargo de Os do Xalo
As 14.30 h., parada para xantar e repoñer forzas.
Se podedes, nos deixedes de probar a gastronomía dos establecementos do noso municipio

⇒ 16.00 h. Pasarrúas, a cargo de Faragullas.

⇒ 16.15 h. Cantares de cego con Luis o Caruncho e Chus Iglesias: ‘O cegho Matamá e Aldariña de Candeán’. Na entrada da feira.

⇒ 16.30 h. Demostración da antiga botica diante da farmacia, a cargo de Raquel Santamaría Martínez.

⇒ 17.30 h. Representación teatral infantil, na Carballeira.

⇒ 17.30 h. – 19.30 h. Diferentes pasarrúas a cargo dos diversos grupos que nos acompañaron o longo do día.

⇒ 20.00 h. O Tradicional Paseo das Mozas camiño do baile, que sairá da Estación de Ferrocarril nun percorrido pola Avenida Principal ata a Carballeira, onde nos espera o fin de festa cunha gran actuación.

⇒ 20.15 h. Peche oficial dos postos da feira.

⇒ 20.30 h. – 24.00 horas. Baile na Carballeira amenizado por un grupo musical
E, DURANTE TODO O DÍA….
Cantos de taberna co grupo Parabéns (nos diferentes locais de hostalaría no recorrido da feira)
Talleres/obradoiros
Diferentes oficios e personaxes da época.
Para os máis pequenos, tiovivo, noia e carrusel.

FESTA RACHADA
A Maristela, Grupo Parabéns, Garatuxeiros, Asociación de Mulleres de Curtis A Carballeira con teatro, bailadores e pandereteiras, Os do Xalo, O Cegho Matamá e Aldariña de Candeá e Faragullas.

Plano de ‘Curtis na Lembranza’:

PLANO FEIRA CURTIS 19

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información