Curtis acolle o vindeiro 14 de marzo as IV Xornadas do Rural

Participarán representantes da Xunta de Galicia e do Principado de Asturias para abordar as distintas estratexias de Desenvolvemento Rural

Publicidade
Data inicio: 14/03/2020
Lugar: Curtis, Spain

O Recinto Feiral de Curtis acollerá o vindeiro 14 de marzo as IV Xornadas do Rural que desta volta consistirán nunha xornada monográfica sobre as distintas posibilidades e estratexias de Desenvolvemento Rural.

Con entrada de balde, distintos expertos da Xunta de Galicia e do Principado de Asturias abordarán posibilidades como as que ofrecen os produtos agroalimentarios artesáns ou a interrelación entre o medio rural e as cidades.

As distintas ponencias, que presentará o alcalde da localidade, Javier Caínzos, correrán a cargo de Manuel Rodríguez Vázquez, director xeral da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) e de Jaime Izquierdo Vallina, experto en desenvolvemento rural e comisionado para o Reto Demográfico do Principado de Asturias.

Esta IV Xornada do Rural dará comezo ás 10:45 horas e a clausura está prevista para as 14:30 horas.

Programa completo:

XORNADA RURAL CONCELLO CURTIS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *