A Asociación Forestal de Galicia está a iniciar unha serie de cursos orientados a propietarios e xestores forestais. O primeiro deles é un curso sobre xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes, que abordará cuestións como a organización e administración dun monte veciñal, o réxime fiscal e lexislación aplicable ou a planificación dos aproveitamentos forestais.
A actividade busca actualizar os coñecementos de comuneiros e técnicos para propiciar melloras na xestión das comunidades das montes. Este curso, que ten unha duración de cinco horas, celebrarase nos próximos días en tres localidades, na Cañiza, Ponteareas e Redondela, todas elas na provincia de Pontevedra:
– A Cañiza, venres 6 de setembro, de 16 a 21 horas, no Centro Cultural de Parada.
– Redondela, sábado 7 de setembro, de 10 a 15 horas, no Centro Cultural de Cabeiro.
– Ponteareas, martes 10 de setembro, de 10 a 15 horas no Centro Cultural Xinzo.
A asistencia a calquera dos cursos é gratuita, pero precísase de inscripción previa, que pode facerse no e-mail afgxinzo (arroba) asociacionforestal.org ou nos teléfonos 986-660.864 ou 618-752.220. Os cursos contan co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal, Xera.