Cursos sobre xardinaría, control de pragas, aplicación de produtos fitosanitarios, uso de drons e rega no CFEA de Guísamo

Publicidade
Cursos sobre xardinaría, control de pragas, aplicación de produtos fitosanitarios, uso de drons e rega no CFEA de Guísamo

O manexo de drons para a xestión de cultivos agrarios será a temática dun dos cursos ofertados. // Foto de arquivo.

Data inicio: 07/09/2020
Data fin: 28/10/2020
Lugar: CFEA Guísamo, Lg. Bos, Bergondo, España

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (A Coruña) acolle ó longo dos próximos meses un programa de cursos centrados en maquinaria empregada en xardinería e usos forestais, como a motoserra, así como no control de pragas e a aplicación de produtos fitosanitarios. Entre formación ofertada tamén se inclúen cursos sobre novas tecnoloxías coma os drons, ferramentas dixitais como as redes sociais ou os sistemas de rega.

O prazo para a presentación de solicitudes está xa aberto e estas deberán remitirse ó centro.

A continuación detallamos a listaxe de cursos que se ofertan no centro:

Curso ponte de usuario profesional de produtos fitosanitarios. Nivel cualificado.
Datas: do 7 ó 14 de setembro. Horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas (38 horas lectivas). A formación abordará estratexias e técnicas para a xestión de pragas, así como a elección dos produtos fitosanitarios ou os equipos de aplicación, entre outras temáticas.

-Emprego de drons en labores agrícolas e forestais.
Data: Xoves 10 de setembro, de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. Na sesión, cunha duración de 8 horas, tratarase a utilización de drons en tarefas agrarias como a pulverización de produtos, tratando tamén cuestións como a normativa actual ou aspectos a ter en conta antes da aplicación aérea. Ademais, haberá unha exhibición a modo de sesión práctica.

-Curso sobre pequenas instalacións de rega: Compoñentes, replanteo e montaxe.
Datas: do 21 ó 25 de setembro en horario de 16.00 a 20.00 horas cunha duración de 20 horas. A primeira das xornadas será teórica e abordaranse conceptos básicos xerais como os caudais, as presións ou a interpretación de planos ou os elementos básicos dunha intalación. As seguintes xornadas serán prácticas e nelas realizarase a instalación de diferentes tipos de redes de rega: con goteiros, microaspersores ou soterradas, entre outras.

-Control biolóxico en cultivos hortícolas. Identificación e protección de fauna.
Datas: do 28 de setembro ó 2 de outubro en horario de 9.30 a 13.30 horas. Detallaranse métodos de control biolóxico de pragas, así como axentes biolóxicos que contribúen a combater as pragas agrícolas ou os inimigos naturais das pragas nos cultivos. Tamén se analizará a problemática fitosanitaria actual. O curso terá unha duración de 20 horas.

-Taller sobre seguridade nos traballos de arboricultura. Mantemento básico de motoserra.
Datas: do 28 de setembro ó 2 de outubro, en horario de 16.00 a 20.00 horas. A sesión abordará tanto a prevención dos riscos cando se traballa con motoserra como o propio mantemento e mecánica desta ferramenta. Haberá unha parte práctica na que se tratará o tensado e engraxe da cadea, a comprobación dos elementos de seguridade, a limpeza e o cambio de filtro ou o afiado da cadea.

-Taller de mantemento de maquinaria e útiles de xardinaría e arboricultura.
Datas: do 5 ó 9 de outubro en horario de 16.00 a 20.00 horas. O curso ten unha duración de 20 horas e nel abordaranse temas como as ferramentas e útiles de uso cotián en xardinaría, así como o mantemento de apeiros como as tesoiras de poda, os cortacéspede, as escarificadoras, rozadoras e cortabordos.

-Curso de renovación de usuario profesional de produtos fitosanitarios. Nivel cualificado.
Data: 14 de outubro en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas. O programa da sesión formativa inclúe temas como a interpretación da etiqueta dos produtos fitosanitarios, así como a súa aplicación e os seus riscos ou os equipos de protección individual que cómpre empregar.

-Curso de marqueting dixital e redes sociais para a comercialización de produtos agroalimentarios.
Datas: do 26 ó 28 de outubro, en horario de 15.00 a 19.00 horas, cunha duración de 10 horas. Tratarán temas como a estratexia online a desenvolver, a creación de contidos, a xestión das redes sociais ou da páxina web. O curso desenvolverase de xeito teórico práctico utilizando unha aula de informática do centro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información