Cursos sobre pastoreo e alimentación do gando

Cursos sobre pastoreo e alimentación do gando

Gandería en pastoreo. / Arquivo.

Este outono hai programados unha serie de cursos de pastoreo a cargo do técnico Xan Pouliquen, asesor de ganderías. Son formacións gratuítas, en colaboración coa Xunta, a excepción dunha xornada de conclusións sobre viaxes de estudo a diferentes granxas de Bretaña, Eslovenia e Austria. Deixamos a continuación o listado das próximas previstas.

Cursos de técnicas de pastoreo: como mellorar a rendibilidade en leite e carne

Día e horario: 2-XI-2021 (11-18.30 horas).

Lugar: Auditorio municipal de Cedeira

Contido: Principios básicos do pastoreo. Os sistemas de pastoreo. Control de malezas. Equilibrar unha ración a pastoreo. Erros máis frecuentes. Inclúe visita a unha granxa en sistema a pastoreo.

Organiza: Oficina Agraria Comarcal de Cedeira. 881 93 00 95 / oac.seca.cedeira@xunta.gal

Técnicas de pastoreo

Día: 27-X-2021 (11-18.30 h.).

Lugar: Casa escola de Cabreiros. Xermade (Lugo).

Contidos: principios básicos de pastoreo. Os diferentes sistemas de pastoreo. Inclúe unha visita a unha gandería en pastoreo / ecolóxica.

Organiza: Oficina Agraria Comarcal de Vilalba. Inscripción gratuíta no tel. 982 82 89 54 / oac.seca.vilalba@xunta.gal

Vacas, ovellas e cabras falan da alimentación. A súa ración é eficiente?

Día e horario: 26-X-2021 (11-18.30).

Lugar: Casa da Cultura de Viana do Bolo.

Contidos: Inclúe unha xornada teórica á mañá e unha sesión práctica á tarde nunha granxa, observando os signos animais que axudan a mellorar a ración (Introdución ó método Obsalim).

Inscripción: Oficina Agraria Comarcal de Viana do Bolo. Tel. 988 788 852 / oac.seca.vianadobolo@xunta.gal

Conclusións de viaxes de estudo a granxas de Bretaña (Francia), Austria e Eslovenia

Día e horario: 22-X-2021 (11.30-17.30 h.).

Inscripción: 10 euros (+ xantar)

Lugar: Centro sociocultural de Friol.

Contido: Conclusións de viaxes de estudo a granxas de Bretaña, Austria e Eslovenia. Inclúe á tarde unha visita á granxa Casa Codesal.

Inscripción: xerencia@xangalicia.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información