A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e a firma Beealia organizan esta semana un Curso para a incorporación á agricultura e gandería ecolóxica que se impartirá en Monforte, Sarria e Chantada.
En concreto, o curso proporciona unha aproximación á normativa, requisitos e sistemas de produción e novas estratexias produtivas. Nel abordarán tamén os trámites para dar o paso á produción ecolóxica, así como os prazos para solicitar axudas.
O primeiro curso terá lugar este mércores, día 17, no centro cívico e social de Monforte. Ó día seguinte, o xoves 18, a mesma formación celebrarase na Casa da Cultura de Sarria. O último destes cursos impartirase o venres 19 na Aula Cemit de Chantada. Tódolas accións formativas desenvolveranse en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas.
As persoas interesadas poden solicitar máis información, así como formalizar a inscrición, chamando ó 635 013 323 ou enviando un email a beealia@gmail.com.