A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), organiza 6 cursos teórico-prácticos para a prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e rozadoira, co que se formarán preto dun centenar de persoas.
As dúas primeiras edicións dos cursos serán no CFEA de Lourizán nas seguintes datas:
- 26, 27 e 28 de abril de 9:00 a 14:00
- 10, 11 e 12 de maio de 9:00 a 14:00
Identificación dos cursos
-
Nº de edicións: 6
-
Duración: 15 horas lectivas repartidas en tres xornadas de 5 horas cada unha
-
Nº de prazas por edición: 15
-
Modalidade: presencial
-
Custo dos cursos e financiamento: a asistencia a estes cursos será gratuíta para as persoas seleccionadas.
-
Datas: os cursos impartiranse durante os meses de abril a novembro do 2023.
-
Acreditación da formación: ao remate de cada curso o ISSGA expedirá certificado de asistencia ao alumnado.
Lugares
-
Provincia
Concello
A Coruña
Narón
Brión
Lugo
O Vicedo
Lugo
Ourense
O Barco de Valdeorras
Pontevedra
Oia
A elección das sedes destas actividades do Issga vén motivada pola relevancia do ámbito forestal na zona, os datos de sinistralidade e a alta demanda deste tipo de formación por parte dos profesionais do sector.
Obxectivo
Proporcionar unha formación específica en prevención dos riscos laborais ás persoas traballadoras e profesionais do sector forestal e da actividade de silvicultura, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia, mellorar a calidade do traballo destas tarefas de especial risco e sensibilizar na importancia da prevención para diminuír os accidentes laborais no sector.
Programa
-
A seguridade e a saúde no traballo
-
A prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal
-
Os equipos de protección individual (EPI)
-
Planificación dos traballos de aproveitamento
-
Primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente
-
Prácticas de manexo seguro da motoserra
-
Prácticas de manexo seguro da rozadoira
A parte práctica ten unha importancia fundamental no desenvolvemento do programa formativa en canto supón case a totalidade da formación, que se desenvolve na maior parte na parcela seleccionada en cada concello identificando os dispositivos de seguridade das máquinas, realizando os labores de mantemento, montaxe e desmontaxe e o seu manexo utilizando diferentes técnicas de traballo.
Destinatarios
Diríxense a persoas en activo que desenvolven a súa actividade no sector agrario, forestal e de xardinaría.
En canto aos criterios de selección, terán prioridade aquelas persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia; unha vez seleccionado este grupo por orde de inscrición, selecciónanse o resto de persoas, tamén seguindo a mesma orde.
Ás persoas seleccionadas facilitaráselle os equipos de protección individual (EPI) necesarios para o seu desenvolvemento.
Inscricións
O ISSGA publicará a correspondente convocatoria na súa páxina web, https://issga.xunta.gal/gl, a manterá actualizada toda a información relacionada con esta actividades formativa.
Sector forestal
A formación diríxese a un sector estratéxico da economía galega e pretende sensibilizar ao persoal en materia preventiva, ampliando as súas capacidades e favorecendo a aprendizaxe continua sobre a materia.
Motoserra e rozadoira
Estas dúas ferramentas atópanse entre as máquinas de traballo que maior sinistralidade ocasionan no sector forestal, principalmente nas actividades da silvicultura e explotación forestal, aínda que tamén en xardinaría, nas que son máquinas imprescindibles nos traballos de corta polo pé, a derrama, a tronza ou a poda de árbores, entre outros.
A motoserra é unha máquina con elementos afiados que traballa a gran velocidade e ten gran poder de corte. Os principais riscos no seu uso son os seguintes:
-
Rebote
-
Retroceso
-
Tiróns bruscos
-
Exceso de percorrido de corte
-
Desvío da traxectoria de corte
-
Rotura da cadea
-
Caídas, tropezóns e esvaróns
-
Vibracións
-
Cortes e golpes
-
Sobreesforzos
-
Queimaduras/incendios
-
Proxeccións
-
Ruído
-
Factores biolóxicos
-
Climatoloxía adversa
Antes de usar estas máquinas é de vital importancia coñecer o seu funcionamento e os sistemas de seguridade e protección.
Ningún equipo de protección individual (EPI) ou accesorio de seguridade ofrece unha protección absoluta contra as lesións e tampouco substitúe unha técnica de traballo segura. Polo tanto, é imprescindible observar os consellos de seguridade incluídos nas instrucións de uso tanto do EPI como da máquina.
É fundamental acadar a plena integración da prevención en todos os labores, procesos e actividades do ámbito forestal, desde antes do comezo do traballo ata a desmontaxe da maquinaria sen esquecer o seu mantemento e sistemas de seguridade así como os aspectos relacionados coa planificación dos traballos á hora do recoñecemento previo da parcela e a organización do método de traballo.
Aspectos clave dos cursos ISSGA
-
Destinados a un sector prioritario, estratéxico e preferente da economía galega como é o forestal
-
Dan continuidade ás accións realizadas neste sector nos últimos anos polo Issga, achegando información sobre o uso seguro de equipos de traballo, en particular no manexo de maquinaria forestal, mediante cursos de formación presenciais, de carácter eminentemente práctico e con prácticas reais
-
Integradores da PRL dende a formación
-
Sensibilización do persoal en materia preventiva
-
Enfoque amplo, máis alá das responsabilidades legais
-
Mellora e aumenta das capacidades e a eficacia do persoal traballador
-
Fomento e promoción da aprendizaxe permanente e o desenvolvemento profesional continuo
-
Responden á realidade galega actual de sinistralidade
-
Alto grao de demanda
-
Perfil do alumnado con distinto grao de experiencia e formación
-
Gratuítos
-
Facilítanse os equipos e os EPI
-
Contidos con especial fincapé na planificación, procedementos, instrucións e operacións con maior risco
-
Contidos formativos consensuados co grupo de traballo de sinistralidade laboral e postos en coñecemento do grupo de traballo técnico no ámbito forestal co obxecto de coñecer as necesidades e poñer en común a realidade de empresas e persoal traballador do sector
Estaría interesado no curso.O de abril xa nada,no de maio non estarei na miña casa,e como dín que o curso se fai ata novembro,pois si que me interesa.
O meu tlf:687508579.