Cursos gratuítos en Monforte de Lemos para obter o carnet de fitosanitarios

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza dous cursos sobre aplicador e manipulador de fitosanitarios de nivel básico. Así, máis dunha trintena de persoas formaranse nestas accións formativas.

Ambas desenvolveranse a partir do vindeiro luns 16 de agosto, impartíndose unha delas de maneira presencial na sede do Consello Regulador Ribeira Sacra e a outra, organizada polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos, será maioritariamente online.

Máis información: contacto@academiaruanova.com ou nos teléfonos 677.403.508 / 988.238.219 para o curso organizado na sede do Consello Reguladr e para o curso online no CFEA chamar ao 982 889 103

Os cursos están dirixidos principalmente a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

As accións formativas -que contarán cunha duración de 27 horas – centraranse en que os agricultores consigan unha formación adecuada para realizar tratamentos fitosanitarios nas súas explotacións sen emprego de persoal auxiliar e, á súa vez, en capacitalos para obter o carné de aplicador de nivel básico, necesario para exercer esta actividade a nivel autonómico e estatal.

Así, ao longo dos 14 módulos da súa programación non só se tratarán os distintos produtos fitosanitarios e os métodos de transporte, almacenamento, manipulación e aplicación, senón tamén os riscos derivados do seu uso tanto para o medio ambiente como para as persoas, xunto cos equipamentos e EPIs (Equipos de Protección Individual) axeitados para o seu emprego. Así mesmo, trataranse cuestións como as pragas dos cultivos e as técnicas adecuadas para o seu control.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información