Cursos en Vimianzo e Curtis sobre o novo regulamento para a produción de leite en ecolóxico

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (C.R.A.E.GA.) e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) organizan unha serie de relatorios sobre o novo Regulamento de produción ecolóxica (UE) 2018/848, aplicable a partir de xaneiro de 2022.

Estes serán impartidos pola empresa Agronovo durante os meses de setembro e outubro. O obxectivo desta actividade é dar a coñecer esta nova normativa en produción animal (bovino, avícola, ovino-cabrún, apícola e porcino), e tratar a pegada de carbono e o mercado dos produtos ecolóxicos.

Os primeiros cursos que se impartirán serán sobre “Vacún de leite ecolóxico” na Casa da Cultura de Vimianzo, o martes 14 de setembro, e tamén en Curtis, o xoves 16.

Esstes cursos son totalmente gratuítos, están abertos a calquera tipo de interesados, que deberán cubrir unha ficha, dispoñible en http://ir.gl/036af2 Cada curso se celebrará en xornada única, dun total de 7 horas de duración, con contido teórico en sesión de mañá, e contido práctico en sesión de tarde, con visita a explotacións ecolóxicas.

Este novo regulamento simplificará as normas de produción. Ademais, garantirá unha competencia leal para os agricultores e evitará o fraude ós consumidores. Cabe destacar que a formación técnica nesta nova normativa resulta imprescindible para o correcto desenvolvemento e consolidación do desenvolvemento agroalimentario ecolóxico.

Cartel_Curtis CRAEGA Cartel_Vimianzo craega

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información