Cursos en Monforte de produción de carne e manexo do gando en pastoreo

Os obradoiros desenvolveranse no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos o vindeiro mércores 16 de novembro, o primeiro, e o xoves 17 de novembro, o segundo, en horario de 10,00 a 14,15

Cursos en Monforte de produción de carne e manexo do gando en pastoreo

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar dous cursos en Monforte de Lemos sobre produción de carne e manexo do gando. Os obradoiros desenvolveranse no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos o vindeiro mércores 16 de novembro, o primeiro, e o xoves 17 de novembro, o segundo, en horario de 10,00 a 14,15.

O obxectivo destas formacións é dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para facer un bo uso da técnica do pastoreo co fin de que poidan abaratar os custes de produción nas súas explotacións, ao tempo que melloran a calidade dos seus produtos finais e acadan unha produción gandeira máis eficiente respectando o medio ambiente.

Os cursos están dirixidos á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

A inscrición pode realizarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información