Cursos en Allariz sobre coidado das froiteiras e do viñedo

Publicidade

A Fundación Ramón González Ferreiro organiza para vindeiras datas dous cursos sobre coidado do viñedo e das froiteiras. Os cursos impartiranse na sede da fundación, na aldea de Paciños, inclúen parte teórica e práctica e teñen un custo de 27 euros.

O primeiro curso será este sábado, 5 de maio, en horario de mañá e tarde. Explicaranse as principais pragas, enfermidades e fisiopatías do viñedo. Tamén se abordarán as operacións de cultivo e a poda en verde, cunha visita a un viñedo para pola en práctica.

O segundo curso, sobre coidado de froiteiras, terá lugar o sábado 12 de maio, tamén en horario de mañá e tarde. Explicaranse os coidados axeitados para cada época do ano, así como as asociacións con outras plantas, abonado e tratamentos ecolóxicos.

cartel coidado viñedo ALLARIZ cartel coidado froiteiras ALLARIZ

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información