Cursos de incorporación á gandería de carne

Cursos de incorporación á gandería de carne

O Sindicato Labrego desenvolverá nos meses de outubro e novembro un curso de 100 horas de duración orientado a aquelas persoas que se queiran incorporar á gandería de vacún de carne. O curso está homologado pola Xunta e pódese solicitar información ou inscribirse no seguinte correo electrónico: carne (arroba) sindicatolabrego.gal ou no teléfono 679 192 000.

O lugar onde se impartirá o curso está aínda por decidir

Curso de ovino e cabrún
Por outra banda, a Oficina Agraria de Betanzos, en colaboración coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas, organiza un curso sobre iniciación e mellora da gandería de ovino e cabrún, que se desenvolverá os vindeiros 19, 20, 21 e 22 de outubro.

A actividade aborda cuestións como instalacións e sistemas de manexo, alimentación e xestión das pradeiras, reprodución ou xestión técnico -económica da explotación.

Poderán participar neste curso gandeiros en activo ou persoas con interese en incorporarse á actividade agraria. A duración do curso é de 24 horas, en horario de mañá, salvo o día 22 que tamén haberá horario de tarde. Realizarase na aula multimedia do Concello de Abegondo e está prevista tamén a visita a unha explotación no marco da actividade.

Para inscribirse, haberá que cubrir este formulario.

As solicitudes presentaranse por sede electrónico, na Oficina Agraria de Betanzos ou excepcionalmente polo correo electrónico oac.seca.betanzos (arroba) xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información