A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (AGACAL) abren a inscrición para poder participar nos cursos de poda de viñedos (iniciación) e poda de árbores froiteiras da área atlántica que se impartirán este ano.
As sesións son teórico-prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo, en Bergondo (A Coruña), salvo a xornada inicial que será na Fundación Juana de Vega en Oleiros. Ambos cursos comezan o 25 de febreiro, cunha duración de 23 horas cada un. O prezo para cada curso é de 70€ e contan con 20 prazas cada un.
As persoas interesadas poderán inscribirse nas seguintes ligazóns e consultar a información do curso de Viticultura e o de Fruticultura.

Información do curso de viticultura.

Información do curso de fruticultura.