Cursos de formación sobre sistemas de pastoreo en Meira

Cursos de formación sobre sistemas de pastoreo en Meira

A Oficina Agraria Comarcal de Meira, centro dependente da Consellería de Medio Rural, organiza o vindeiro mes de novembro unhas xornadas formativas sobre “Sistemas de Pastoreo”, no que se analizarán as distintas modalidades, como libre, racionado, PRV, holístico, UAD….etc.

A xornada formativa terá dúas modalidades: unha presencial e outra online. A presencial celebrarase o día 4 de novembro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Meira, en horario de 11:30 a 14:00 horas, onde se explicará a parte teórica (principios básicos sobre a herba, a vaca e o pastoreo, así como a descrición dos distintos sistemas e comparación entre eles) e unha parte práctica pola tarde, en horario de 15:30 a 18:30 horas, na que se visitará unha granxa en pastoreo en Guitiriz, para o cal haberá un servizo de autobús.

En canto á mesma xornada, pero na modalidade semipresencial, a parte teórica impartirase por video-conferencia o día 24 de novembro, en horario de 11:30 a 14:00 horas, e o día 26 pola tarde haberá unha visita á mesma granxa en pastoreo de Guitiriz.

Para poder inscribirse nestas xornadas gratuítas é preciso enviar un email a oac.seca.meira@xunta.es ou chamar ao 982 870 513

CURSO PASTOREO PRESENCIAL OAC MEIRA XORNADA PASTOREO OAC MEIRA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información