O Sindicato Labrego Galego ten abertas as inscricións de tres cursos formativos: un de introdución dixital para mulleres na actividade agraria a través do móbil, plantas auxiliares na horta e enxerto e poda. As inscricións están abertas e son de balde.
O curso de introdución dixital terá lugar o mércores 28 de agosto ás 11 horas no local do Sindicato en Betanzos (rúa Cruz Verde). O taller de plantas auxiliares na horta será na Granxa As Bieiteiras de As Pontes (Aparral de Arriba). As sesión serán os días 5, 6, 12 e 13 de setembro de 16:00 a 20:00 horas e será impartido por Lucía Ferreira Fernández.
Por último, o de enxerto e poda será do 9 ao 12 de setembro de 16:00 a 19:00 horas na Casa da Xuventude de San Sadurniño a parte teórica, e na Finca Carlos Agra, a parte práctica. A formación será impartida por Ignacio Bellas.
Para inscribirse e ter máis información de calquera das tres formacións, pódese contactar a través de tecnicabetanzos@sindicatolabrego.gal ou no teléfono e 687 645 907.