Cursos de apicultura en Monforte

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte organiza este mes e o que vén diversos obradoiros de formación relacionados coa produción de mel, desde o control da vespa velutina e a sanidade apícola á cría de raíñas e produción de núcleos

colmea Apilarouco2O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos organiza unha serie de cursos de formación en apicultura que se desenvolverán durante este mes de outubro e o vindeiro mes de novembro.

Os obradoiros, cunha parte teórica e outra práctica, que se dará nalgúns dos casos na vindeira primavera, impartiranse nas instalacións do propio CFEA, ubicadas na rúa Alfredo Brañas.

Os tres primeiros cursos, que terán lugar nas dúas últimas semanas deste mes de outubro, serán os de Iniciación á apicultura, Control da vespa velutina nos apiarios e Cata de mel, que se impartirán en horario de tarde entre as 16 e as 20 horas.

No mes de novembro, a formación centrarase en aspectos como a Cría de raíñas, Cría de abázcaros e produción intensiva de núcleos e Preparación de ácido oxálico e sanidade apícola.

Por mor da situación de pandemia sanitaria provocada polo coronavirus, estableceranse unha serie de medidas extraordinarias para protexer aos asistentes de posibles contaxios, como poden ser o uso de máscara, a distancia de seguridade entre os alumnos e a ventilación das aulas durante 10 minutos entre clase e clase, que serán de 50 minutos.

Os cursos contan tamén cun aforo limitado. Para anotarse, débese chamar ao CFEA de Monforte ao teléfono 982889103 e preguntar polo coordinador destes cursos, César Crespo.

Programa:

cursos apicultura CFEA Monforte 2020 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información