Cursos de apicultura en Lugo

A Asociación Provincial Lucense de Apicultores (APLA) inicia este domingo no apiario de Teixeiro o seu calendario anual de formación de 2025 cunha xornada sobre os distintos tratamentos veterinarios que hai dispoñibles contra a varroa

Apicultores asistentes a la charla impartida por Francisco Carballada en la sede de APLA en Lugo

Asistentes a unha xornada de formación na sede de APLA en Lugo no ano 2024

O apiario de Teixeiro, en Lugo, abre este domingo as súas portas para comezar o calendario de formación anual que imparte a Asociación Provincial Lucense de Apicultores (APLA) e que continuará cada último domingo de mes até o mes de decembro cunha programación variada e adaptada aos manexos a realizar no colmenar en cada época do ano.

O programa formativo combina charlas teóricas con prácticas nas colmeas que a Asociación ten na súa sede en Teixeiro. En febreiro falarase da normativa apícola en cuestións como as distancias que hai que manter para a instalación dun asentamento. 

Os cursos son gratuitos e van desde a sanidade apícola até a alimentación ou o manexo das colmeas

En marzo e abril será o turno du curso de iniciación, cunha parte teórica e outra práctica. Na primavera tamén se abordará a temática da alimentación e a partición de colmeas; no verán falarase do manexo a facer nesta época do ano, mentres que no outono falarase da preparación para a invernada, de sanidade apícola e de alimentación. 

Para máis información pódese contactar con APLA no teléfono 699 570 965 ou a través do email aplalucense@gmail.com.  

cursos formacion apicultura APLA 2025

Tramitación do Plan Apícola

A Asociación Provincial Lucense de Apicultores, que reúne a 400 produtores de toda a provincia, mantén aberta até o vindeiro 9 de febreiro a tramitación do Plan Apícola 2025 para facilitar aos seus asociados o acceso ás distintas liñas de subvención que a Xunta de Galicia vén de convocar para tratamento contra a varroa, alimentación ou renovación de ceras. 

Como en anos anteriores, APLA simplifica o máximo posible a solicitude aos seus socios para axilizar o proceso todo o posible. O obxectivo é que os apicultores dispoñan a tempo do material, antes de que comece a campaña de manexo primaveral das colmeas. De feito, poderá recollerse xa a partir do 15 de marzo. 

A tramitación conxunta permite conseguir mellores prezos e aforrar custos como o transporte 

Como novidade este ano dentro da tramitación das axudas, é necesario xustificar de xeito individual por parte de cada apicultor diante da Administración a necesidade de alimentación das súas colmeas, dándose varios supostos, ben por escaseza de reservas de mel, perda de poboación, ataques de velutina, inestabilidade climatolóxica, etc. 

En canto á renovación de ceras, a compra de cera nova só vai ser subvencionable unha vez cada tres anos, de maneira que se un apicultor solicita a axuda para mercar cera este ano, non poderá volver a pedila até dentro de 3 anos. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información