A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar nos concellos das Pontes e de Becerreá un curso de análise da calidade do mel en laboratorio.
A formación impartirase de maneira presencial na Casa do Mel de Goente en horario de 16,30 a 21,30 horas os vindeiros días 29 e 30 de outubro e no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Becerreá os vindeiros xoves e venres, días 27 e 28 de outubro.
O obxectivo destes talleres é fomentar a competitividade e a eficiencia dos recursos apícolas contribuíndo, ao mesmo tempo, á sustentabilidade da economía rural, á consecución da competitividade, á integración sectorial, á innovación, á orientación ao mercado e ao fomento da iniciativa empresarial.
A inscrición pode facerse a través destas ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 82 83 70, ou enviarse un correo a mercedesfra@gmail.com