Curso a vindeira semana na Lama sobre gando ovino e cabrún

Celebrarase desde o martes 2 até o sábado 6 en horario de mañá e pretende incrementar o nivel de profesionalización do sector

TOUZA VELLA cabras2A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, celebrará a vindeira semana un curso sobre iniciación e mellora da gandaría de ovino-cabrún no municipio pontevedrés da Lama. Está programado dende o vindeiro martes 2 ata o sábado 6 de novembro no edificio do obradoiro do Concello,en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Esta iniciativa está dirixida a calquera persoa vinculada profesionalmente ou con expectativa de incorporación aos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como aos mozos e mozas do rural galego interesados neste eido.

Ao longo das 25 horas, o curso afondará en diversos temas como a situación actual do sector, a alimentación destes ruminantes e os seus requirimentos, así como o manexo e implantación de pradeiras ou as axudas básicas ás que poden acceder os gandeiros. Ademais, a acción formativa contará cunha visita a unha gandaría da zona para a posta en práctica dos coñecementos adquiridos previamente.

A acción formativa contará cunha visita a unha gandaría da zona para a posta en práctica dos coñecementos adquiridos previamente

Deste xeito, o obxectivo principal do curso é incrementar o nivel de profesionalización do sector ovino-cabrún galego. Para iso, os docentes analizarán as carencias dos titulares e potenciais titulares deste tipo de explotacións gandeiras que asistan á formación.

Para participar é preciso descargar o formulario de inscrición no seguinte enlace e envialo cuberto ao enderezo electrónico transferenciatecnoloxica.cmr@xunta.gal. As persoas que precisen consultar calquera dúbida poden facelo chamando ao teléfono 981546689.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información