A aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do Campus Terra USC organiza un curso teórico sobre tecnoloxía queixeira os días 6 e 7 de marzo, de 9:00 a 15:00 h.
A formación está dirixida a queixeiros profesionais, afeccionados e persoas interesadas en emprender no sector. O curso contará coa colaboración de Novonesis, Laboratorio Lácteo Gallego, Laboratorios Arroyo, DSM-Firmenich e Alifarma.
Abordaranse os fundamentos básicos da queixería e as tecnoloxías aplicadas a distintos tipos de queixo, como prensados, lácticos ou frescos, entre outros. Ademais, trataranse solucións para corrixir defectos nos produtos e realizarase unha cata comentada de queixos representativos de cada categoría.
O número de prazas é limitado e cubriranse por orde de inscrición. As persoas interesadas poderán apuntarse no correo formacion@aplta.es. O custo de inscrición ao curso é de 120€ e o programa é o seguinte: