Curso teórico-práctico de técnicas de resinación no piñeiro

PEFC Galicia lanza para vindeiros meses unha serie de actividades formativas de diferentes temáticas que permitirán aos traballadores do sector forestal, adquirir e incrementar os seus coñecementos e capacidades no eido da comunicación e márketing, das metodoloxías sobre a extracción da resina ou do Sistema de Certificación Forestal PEFC.

O programa formativo comeza cun “CURSO TEÓRICO-PRÁCTICO DE TÉCNICAS DE RESINACIÓN NO PIÑEIRO” que se celebrará o 20 e 21 de setembro na Comunidade de Montes de Baroña, en Porto do Son. A planificación dos montes con enfoque multiproduto colle pulo, e a actividade resineira nos montes de piñeirais de Galicia está suscitando nos últimos anos interese nos propietarios e xestores de monte, principalmente en comunidades de montes veciñais, mostrando unha evolución positiva ao longo da última década.

curso pefc resina pinheiro

A actividade resineira, é unha oportunidade como actividade complementaria do monte, converténdose ademais nun medio efectivo para xerar postos de traballo, lograr fixación de poboación no ámbito rural, ademais de ser unha forma eficiente e demostrada de evitar os incendios forestais, así como a posibilidade de obter a certificación PEFC deste aproveitamento non madeirable. Pero existe unha falta evidente de resineiros profesionais, e a necesidade dunha maior apertura de miras cara unha actividade multifuncional do monte. Por iso, PEFC Galicia ofrece a oportunidade a propietarios e xestores forestais, técnicos, capataces, operarios, estudantes… de iniciarse ou enriquecer o seus coñecementos sobre as metodoloxías de obtención da resina, os condicionantes nunha explotación resineira, caracterización da resina, análise de viabilidade económica, etc, ao longo de dúas xornadas nas que se combinará a teoría e a práctica e na que os participantes estarán convidados a un xantar de networking.

A Comunidade de Montes de Baroña conta coa certificación forestal PEFC desde o ano 2011, e é a principal produtora de resina en Galicia, acadando unha media de 40 toneladas/ano extraídas duns 12.000 piñeiros polo método tradicional e de 12.500 polo método da bolsa. Tamén participan en diversos proxectos de investigación para a procura de novas metodoloxías extractivas ou a mellora das actuais, tentando lograr así resultados aínda máis óptimos e de mellor calidade. Por iso, Baroña é o lugar idóneo para participar nun curso que será impartido por Ovidio Queiruga, Presidente da Comunidade, persoa con ampla experiencia na xestión do monte e na formación de persoal no relativo á resina, entre outras.

O curso é gratuíto pero con prazas limitadas. Esta actividade formativa está cofinanciada pola Axencia Galega da Industria Forestal.

Para máis información e inscricións: https://pefcgalicia.org/programa-formativo/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información