O distrito forestal IX Lugo-Sarria da Consellería do Medio Rural organiza o vindeiro mes de novembro un curso gratuíto sobre “Xestión integral de piñeiros: madeira, resina, cogumelos e gando”.
Este curso ten entre os seus obxectivos dotar ós profesionais e/ou propietarios forestais das competencias técnicas relacionadas coa xestión integral dos piñeirais para un aproveitamento multifuncional do monte mediante a produción de madeira, pero tamén de resina, cogomelos e gandería.
Datas:
-2,3,4,7,8 de Novembro – 16h a 20h
-9 de Novembro – 15h a 21h
-10, 11 de Novembro – 16h a 20h
-12 de Novembro – 9h a 15h
Localización:
Centro de interpretación terras do Miño, Lugo
As preinscricións poden realizar neste ligazón
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas