Curso sobre “Xestión empresarial dunha explotación hortícola ecolóxica”

Publicidade
Curso sobre “Xestión empresarial dunha explotación hortícola ecolóxica”

A Oficina Agraria Comarcal de Betanzos, dependente da Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (wwww.marinasbetanzos.gal) organiza un curso sobre “Xestión empresarial dunha explotación hortícola ecolóxica”, que se desenvolverá os vindeiros días 5, 11 e 16 de novembro.

Contidos do curso:

O plan empresarial: por qué?

-Principios básicos de economía da empresa agraria. Por que facer un seguimento máis alá do fiscal: o análise de custes?

-Ferramentas para a contabilidade. Análise de variables de interese.

-Estratexias para mellorar ingresos e reducir custes. Propostas prácticas para unha mellor economía das explotacións.

-O dilema e a oportunidade da comercialización directa e as canles curtas.

-Que beneficio por hectárea me deixa o cultivo X?

-Rendementos agardados e control de custes de produción.

-Práctica: determinación dos custes de produción de cada explotación participante e análise de resultados

Persoas destinatarias:

-Agricultores/as activos/as.

-Persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria.

-Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.

Horario:

-De 9.00 a 14.00 horas

Duración: 

16 horas

Lugar de realización:

-5 e 11 de Novembro. Aula Formativa de O Naranxo (O Naranxo, s/n. Abegondo)

-16 de Novembro. Aula Multimedia do Concello de Abegondo (San Marcos. Abegondo)

Inscrición:

As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Oficina Agraria Comarcal Betanzos, empregando o seguinte formulario

As solicitudes presentaranse en:

-Poderase enviar o formulario de inscrición aos seguintes CORREOS ELECTRÓNICOS: oac.seca.betanzos@xunta.gal; diego.miranda@marinasbetanzos.gal

-SEDE ELECTRÓNICA (preferentemente), a través do procedemento PR004A

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información