Curso sobre xestión e normativa dos resíduos das granxas

A Oficina Agraria Comarcal de Ferrol, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza para o vindeiro 11 de outubro un curso sobre “Xestión e lexislación dos resíduos das explotacións: medicamentos, xurros, fitosanitarios e plásticos”. A actividade formativa desenvolverase na sede da Cooperativa Campo Capela, no concello homónimo, en horario de 10:30 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:00 horas.

O programa do curso é o seguinte.

10:30-11:30 Tipos de residuos nas explotacións agrarias: Enumeración dos distintos tipos de residuos das explotacións e lexislación que lle afecta.

11:30-14:00 Lexislación que afecta a cada grupo de residuos: Analizar as posibilidades de minimización do impacto de ditos residuos con unha redución en orixe, bo uso e almacenaxe.

15:30-18:00 Minimización e Xestión adecuada dos residuos: Aprender os distintos plans e prácticas adecuadas para a xestión correcta dos residuos

Para máis información e solicitudes para asistir ao curso chamar ao teléfono 981337049. As solicitudes para o curso teñen que enviarse cubertas e asinadas polos alumnos interesados a oac.seca.ferrol@xunta.gal 

Descarga aquí a solicitude

Este curso está cofinanciado con fondos europeos FEADER nun 75%, e polo Estado e a Xunta de Galicia na porcentaxe restante a partes iguais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información