Curso sobre xestión de persoal nas explotacións gandeiras

Publicidade
Data inicio: 02/11/2018
Data fin: 02/11/2018
Lugar: Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), Lugo, España

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo organiza o vindeiro venres, 2 de novembro, un curso sobre xestión de persoal nas explotacións gandeiras.

A actividade de formación, que leva por título “Novas estratexías de revalorización e de xestión técnico-económica das explotacións galegas co emprego de novas tecnoloxías e benchmarking”, será impartida por Yolanda Trillo, veterinaria e especialista en xestión de recursos humanos en ganderías.

O curso é de carácter gratuíto e celebrarase no IBADER – Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, no Campus de Lugo, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas.

Os contidos que se impartirán son:

-¿Es o líder da túa empresa?

-¿Como lideras a túa empresa? 

-Estrutura do equipo de traballo: Organización do traballo e coordinación de equipos. 

-Como seleccionar o perfil de persoal que necesito? 

-Posicionamento do líder co persoal

-Motivación do persoal: Metodoloxía dinámica e en grupo mediante resolución de casos prácticos reais. 

As persoas interesadas en asistir deberán cubrir a ficha de inscrición e enviala a lideresenbienestar@gmail.com O límite é de 20 prazas, que se reservarán por orde de inscrición. 

Descarga aquí a folla de inscrición

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información