Curso sobre tramitación por internet das cortas de madeira

O Distrito Forestal IX Lugo-Sarria da Consellería do Medio Rural organiza un curso de formación “Taller CORWEB (tramitación telemática dos aproveitamentos madeireiros) FC2022F127158” que se celebrará na aula de informática do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo o xoves 2 de xuño de 16h a 20h.

Esta acción formativa está incluída dentro do programa de primaveira de “Cadeiras de Divulgación Forestal” organizado polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria, dentro do plan de formación agroforestal 2022 de AGACAL-Consellería do Medio Rural.

O curso será desenvolvido por persoal técnico da Consellería do Medio Rural e contará cos seguintes aspectos a desenvolver:

-Normativa básica de aproveitamentos forestais
-Tramitación telemática de autorizacións e declaracións responsables de aproveitamentos madeireiros
-Características básicas aplicativo CORWEB

As persoas interesadas poden preinscribirse no seguinte enderezo:
https://ovmediorural.xunta.gal/es/consultas-publicas/acciones-formativas

Máis información no teléfono 982 828 620, así coma no correo distrito.forestal9@xunta.gal ou en Twiter: @Dist_Forestal9

Taller_CORWEB_2_xuño_22

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información