Curso sobre técnicas para mellorar a calidade do leite nas ganderías de vacún

Curso sobre técnicas para mellorar a calidade do leite nas ganderías de vacún

A Área de Servicios Agrarios de Ferrol-Betanzos da Consellería do Medio Rural, en colaboración co Concello de Curtis, vai organizar un curso dirixido ás persoas vinculadas profesionalmente co sector de vacún de leite para reforzar a súa formación e coñecementos técnicos de cara a millorar a calidade do leite.

O curso “As técnicas de muxido, alimentación e benestar animal como factores determinantes na calidade do leite” está previsto realizarse os días 5, 6 e 7 de outubro de 2021 en horario de mañá e tarde: de 11:00 a 13:00 h e de 15:30 a 17:30, no Salón Multiusos do Recinto Feiral de Curtis.

Para máis información e solicitudes para asistir ao curso comuníquese co Antonio Alvarez Feal no tfno.: 981337048/981337049. As solicitudes para o curso teñen que enviarse cubertas e asinadas polos alumnos interesados a  oac.seca.ferrol@xunta.gal 

Programa:

O curso prográmase en tres xornadas de mañá e tarde con formación teórica e práctica:

1º día, mañá, 2 horas: O muxido: o encontro do teto e tetoeira. Aspectos esenciais do muxido, funcionamento básico das distintas máquinarias de ordeño e a súa relación coa hixiene, benestar e eficiencia.

1º día, tarde, 2 horas: Fisioloxía do muxido e ordeñabilidade. A ubre e o mecanismo de lactación. Baixada do leite e aspectos hormanais, ordeños incompletos, deficientes e sobremuxidos.

2º día, mañá, 2 horas: Factores que inflúen na incidencia da mastite (mamite) clínica. Patóxenos implicados. Os factores ambientales, hixiene das instalacións, hixiene do animal, o manexo e o benestar animal.

2º día, tarde, 2 horas: Influencia da alimentación na mastite: necesidades básicas para o sistema inmunitario e o control dos niveis de urea. Uso correcto e racional dos antibióticos e a súa influencia na producción; resistencias aos mesmos.

3º día, mañá, 2 horas: Cow confort nas instalacións gandeiras. A alimentación e o manexo. O aspecto social do benestar animal.

3º día, tarde, 2 horas: Visita a unha explotación gandeira de produción leiteira exemplar en muxido e cow confort.

Descarga aquí a solicitude

Este curso está cofinanciado con fondos europeos FEADER nun 75%, e polo Estado e a Xunta de Galicia na porcentaxe restante a partes iguais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información