O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón-A Coruña), dependente da Consellería de Medio Rural, organiza para este verán un campo de demostración sobre “Técnicas e manexo da colmea para a loita contra a Vespa velutina”.
No curso, explicarase como poñer en marcha un plan de actuación integral no apiario para loitar contra a Vespa velutina. Tamén se abordarán cales son as ferramentas de loita e a súa efectividade (harpas, mallas..etc) e como realizar o manexo das colmeas como método indirecto de defensa (tratamentos sanitarios, alimentación de reforzo ou preparación da colmea para a invernada).
O curso ten unha duración de 20 horas repartidas en 4 xornadas. A primeira será este sábado, 29 de xuño, en horario de 16:00 a 21:00 horas.
As prazas son limitadas. Para inscribirse chamar ao 881 867 325