Curso sobre solucións sustentables de robotización para empresas agroalimentarias

Curso sobre solucións sustentables de robotización para empresas agroalimentarias

Sicasoft celebra o webinar “Claves para reducir custos mediante automatización robótica de procesos (RPA) en empresas agroalimentarias”, que terá lugar o vindeiro mércores, 21 de outubro, ás 10.00 horas.

O evento celébrase para mostrar como a tecnoloxía RPA está ao alcance de calquera compañía e como se poden reducir os custos de procesos de negocio repetitivos e con alta carga de traballo manual expondo o proxecto realizado na azucreira ACOR.

Os relatores que forman parte deste webinar son Francisco Muñoz, director de planta de ACOR; Ignacio Riera, Channel Alliance Manager Southern Eurupe de UiPath, e Jose Luís Madrid, CEO de Sicasoft.

“Cunha hora de duración, o tres relatores explicarán como se aplica a automatización robótica de procesos a un proceso de negocio no sector agroalimentario, os beneficios obtidos e a oportunidade que se abre para a empresa a través de proxectos de moi curta duración e rápido retorno de investimento polo aforro xerado”, explican desde Sicafot.

Todas as empresas que queiran apuntarse, poden inscribirse a través do formulario que se atopa na páxina web de Sicasoft e nas súas redes sociais. Unha vez rexistrado, o usuario recibirá no seu correo electrónico o acceso ao webinar a través dunha ligazón. A inscrición é gratuíta até completar un aforamento de 100 persoas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información