Curso sobre a produción vitivinícola en Ribadavia

A formación impártese do 16 ó 22 de agosto. A parte práctica do programa inclúe visitas a viñedos e adegas da denominación de orixe Ribeiro

Publicidade
Publicidade
Curso sobre a produción vitivinícola en Ribadavia
Data inicio: 16/08/2022
Data fin: 22/08/2022
Lugar: Oficina Agraria Comarcal de Ribadavia, Rúa Redondela, Ribadavia, España

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza un curso sobre o coñecemento da viña e a adega. A formación será impartida pola Oficina Agraria Comarcal de Ribadavia e celebrarase do 16 ó 22 deste mes de agosto. O curso terá unha duración total de 20 horas, cun horario desde as 16:00 ata as 20:00 horas.

O obradoiro aborda tanto aspectos teóricos como prácticos sobre os procesos que se levan a cabo na viña e na adega durante a produción vitivinícola. Na parte práctica do programa inclúense visitas a viñedos e adegas da denominación de orixe Ribeiro.

Esta iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira. As persoas interesadas poden formalizar a prescrición no curso accedendo á información sobre a formación no catálogo de cursos da Consellería de Medio Rural. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 988 788 280, ou enviarse un correo a carlos.alvarez.castro@xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información