
Formación e información sobre a produción de pataca baixo o selo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia. É o que se vai desenvolver no curso que terá lugar o martes, 26 de agosto, na Casa do Concello de Porqueira.
A xornada comezará ás 10,00 e contará coa intervención de técnicos da IXP, do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro e de enxeñeiros agrícolas. Falarán sobre certificación e control da pataca, comercialización, sanidade, métodos de cultivo e fertilización. A xornada complétase cunha degustación de pratos elaborados con pataca da Limia e cunha visita a unha explotación agrícola do concello de Porqueira.
Trátase dunha actividade aberta a todas as persoas que teñan interese no sector da pataca e nos selos de calidade. O curso está enmarcado no proxecto “Ruralmente”, do que forma parte o GDR Limia-Arnoia, e que ten como fin o intercambio de coñecementos e a innovación entre as diferentes rexións que o conforman.
Todas as persoas que desexen participar poden inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo
Galego









Control OJD