Curso sobre produción de castaña

Terá lugar o 1 de outubro en Outeiro de Rei e participarán expertos de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal

O concello lucense de Outeiro de Rei acollerá o vindeiro 1 de outubro unha xornada técnica adicada á produción de castaña. O curso desenvolveráse durante todo o día na Casa da Cultura da localidade e participarán especialistas de distintas zonas de España onde se produce castaña (Galicia, Asturias, Castela e León) así como de Portugal.

Entre os contidos que se abordarán están os tratamentos e manexo dos soutos, a tolerancia das plantas de castiñeiro a enfermidades como o chancro ou a avispiña ou a adaptación ao cambio climático.

As inscricións para participar nesta xornada formativa poden facerse a través do email campolabsl@gmail.com ou do whatsapp 654142938.

Programa completo: 

CARTEL A3 PROGRAMA I XORNADA PRODUCTOR DE CASTAÑA curvas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información