Curso sobre principios de podoloxía en pequenos rumiantes para determinar posibles causas e tratamentos paliativos

A formación terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos durante o vindeiro mércores en horario de 10.00h a 13.00h e de 16.00h a 20.00h

Curso sobre principios de podoloxía en pequenos rumiantes para determinar posibles causas e tratamentos paliativos

Esta formación está enfocada a transmitir os coñecementos básicos de podoloxía para poder determinar algunhas causas e posibles tratamentos

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria organiza un curso en Monforte de Lemos sobre principios de podoloxía en pequenos rumiantes. O obradoiro celebrarase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos o vindeiro mércores 23 de novembro en horario de 10,00 a 13,00 e de 16,00 a 20,00 horas. A súa asistencia require de pre-inscrición, a cal pode realizarse a través desta páxina.

O obxectivo desta formación é que os alumnos obteñan os coñecementos necesarios acerca dos principais problemas da podoloxía dos pequenos rumiantes, tanto das súas posibles causas como dos seus tratamentos, para que poidan realizar unhas boas prácticas neste eido e paliar ou resolver moitos dos problemas que se atopan as persoas titulares das explotacións gandeiras con respecto á saúde das patas do gando ovino e cabrún.

Por este motivo, esta xornada está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira. O coordinador porase en contacto coas persoas que cubran a documentación da pre-inscrición en liña a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información