O Sindicato Labrego Galego organiza a comezos de setembro en Lugo un curso sobre as principais pragas e enfermidades que afectan ás colmeas. A formación, que é de balde, terá lugar durante o sábado 3, domingo 4 e sábado 10 de setembro en horario de mañá (de 10 a 14 horas) no local do SLG ubicado na rúa Miguel de Cervantes.
Poden acceder a este curso de formación persoas laboralmente activas: empregadas, autónomas e demandantes de emprego. Excluído o persoal das administracións públicas. As inscricións están abertas a través do número de teléfono 982231154 e do email lugo@sindicatolabrego.gal.