Curso sobre poda e inxerto de froiteiras en Barbadás

Terá lugar no Centro Empresarial Transfronteirizo dende o luns 22 de novembro ata o venres 26 en horario de tarde e pretende ensinar os principios básicos de cultivo para conseguir unha froita e colleita de calidade

Publicidade
Publicidade
Data inicio: 22/11/2021
Data fin: 26/11/2021
Lugar: Centro Empresarial Transfronteirizo, Barbadás, España

CFEA Monforte campo ensaio froiteiras1A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto celebrar dende o vindeiro luns 22 de novembro ata o venres 26 un curso sobre o manexo, a poda e o enxerto de árbores froiteiras. A xornada, que será en horario de tarde, terá lugar no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás.

O obxectivo deste curso é ensinar os principios básicos de cultivo e da poda destas árbores para conseguir unha froita e colleita de calidade. Así, abordaranse os tipos de poda existentes nas froiteiras de pebida e nas de óso, os enxertos e as pragas e enfermidades que afectan a estas árbores.

A acción está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

No seguinte enlace pode atoparse o formulario de inscrición para participar no curso, que debe remitirse cuberto ao enderezo electrónico oac.seca.orense@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 988386535.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *