Curso sobre plantacións de castiñeiros de froito en Moeche

Publicidade
Curso sobre plantacións de castiñeiros de froito en Moeche
Data inicio: 18/10/2021
Data fin: 18/10/2021
Lugar: Centro Cultural Francisco Piñeiro, AC-862, España

A Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), desenvolverá o vindeiro luns 18 de outubro un curso sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiro de froito no concello coruñés de Moeche. Esta xornada terá lugar no centro cultural Francisco Piñeiro en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas.

A acción formativa ten como obxectivo planificar as plantacións de castiñeiros en función das zonas e do destino final do produto, ademais de complementar a formación dos produtores de castaña sobre as novidades de investigación, os tratamentos das árbores, as tendencias técnicas e de mercado, as variedades e portaenxertos, entre outros temas.

Canto aos participantes, a acción está dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Neste senso, os interesados en participar nestes cursos deberán descargar as solicitudes de asistencia correspondentes neste enlace. As solicitudes de asistencia deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico formacion.agacal@xunta.gal indicando o curso. Pode solicitarse calquera información adicional chamando ao teléfono 881 997 279.

 

Cartaz-MOECHE_

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información