Data inicio: 29/10/2018
Data fin: 31/10/2018
Lugar: CFEA Guísamo, Lg. Bos, Bergondo, España
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (A Coruña) organiza este mes un curso sobre peches agrícolas, baixo o título de “Mellora da produtividade nos sistemas agrogandeiros: Taller de execución de cerramentos en parcelas agrícolas”.
O curso, de carácter gratuíto, celebrarase co CFEA de Guísamo os días 29 e 30 de outubro, en horario de 16:00 a 20:00 horas e o día 31 en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Nestas xornadas, que forman parte das accións de transferencia tecnolóxica da Consellería do Medio Rural, explicaranse e analizaranse os tipos de cerramentos e as súas indicacións no ámbito rural, así como a normativa ao respecto. Tamén se abordarán o emprego de elementos vexetais como cerramento, o uso da madeira para peches e a tipoloxía e emprego de cercas eléctricas.
Hai programa? Quen vai dar o curso?