Curso sobre os requisitos administrativos aplicables ás adegas

O obxectivo desta formación, que terá lugar nas distintas Denominacións de Orixe, é informar sobre os procedementos propios e o cumprimento das normativas que lle son de aplicación ao sector vitivinícola

Publicidade

Adega-Corisca_--A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto celebrar un curso sobre a xestión e o cumprimento de requisitos administrativos aplicables ás adegas. O obxectivo é informar aos asistentes sobre os procedementos propios do sector vitivinícola que lles son de aplicación.

Este curso constará de dúas sesións teóricas. Para a primeira delas ofréceselles aos interesados dúas opcións: o xoves 18 de novembro no centro cultural Marcos Valcárcel (Ourense) ou o xoves 25 de novembro no salón de actos do Consello Regulador da DO Rías Baixas (Pontevedra). A segunda sesión será conxunta no salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos). En total, serán 10 horas de formación distribuídas en dúas xornadas.

Canto ao contido do programa, recolle os requisitos relativos ás instalacións da adega, as declaracións á Consellería do Medio Rural e os que teñen que ver co transporte. Tamén os relacionados cos nomes comerciais, marcas e etiquetaxe ou os da certificación de produto, entre outros.

Os interesados poden inscribirse a través do formulario de de asistencia dispoñible no seguinte enlace. As solicitudes cubertas deberán ser enviadas ao correo electrónico formacion.agacal@xunta.gal e se precisan información adicional poderán chamar ao teléfono 881997279.

Una idea sobre “Curso sobre os requisitos administrativos aplicables ás adegas

  1. antonio dueñas

    Es una pena que no ofrezcan el curso a distancia, On Line, ya que muchos interesados no podremos asistir por cuestión de distancia y de tiempo.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información